Powerviolence | |
---|---|
Orixe musical | thrashcore, noise, hardcore punk |
Orixe cultural | finais dos 80 nos Estados Unidos |
Instrumentos típicos | voz, guitarra, batería, baixo |
Derivados | bandana thrash |
Xéneros de fusión | |
emoviolence | |
O powerviolence (ás veces escrito como power violence) é un subxénero caótico e rápido do hardcore punk que está intimamente relacionado co thrashcore e o grindcore. En contraste co grindcore, que é un "crossover" que contén aspectos musicais do heavy metal, o powerviolence é só un aumento das calidades máis desafiantes do hardcore punk. Como os seus antecesores, adoita ter unha carga sociopolítica e iconoclasta.